> Unha das grandes cousas das costas nosas, das bravas, do Ortegal, do Fisterre, das illas de Sálvora e de Ons, das penedosas costas dos ártabros, por onde anda co vento e as grandes olas a voz do bardo Pondal, son os percebes. (...) Parece coma si souperon, nos longos meses atemporalados do inverno, que hai que ofrecer ao golpe de marnos cons, na penedía mariñeira toda á que se pega, unha estructura resistente: non medrar, engordar, aguantar o golpe do mar na unlla. Así están, digo eu, estes coma viquingos de mouro vestidos nunha asemblea de cascos, que era unha das maneiras que os poetas …